|
|
ASOCIACIÓN GALEGA POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA |
|
PLANO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PLANO DE MELLORA
Obxectivos do Plano de Mellora das Bibliotecas Escolares Igual co Plano de Navarra: 2.- Facilitar a xestión das bibliotecas escolares: catalogación, préstamo, etc. Cun programa informático, normalizado e en formato MARC, que permita o intercambio de información e o catálogo colectivo da futura rede de bibliotecas escolares. 3.- Potenciar a constitución de equipos interdisciplinares de biblioteca que realicen cursos de formación en organización e dinamización, e elaboren un proxecto de mellora que, aprobado polo calustro e o consello escolar, sexa incluido nos proxectos pedagóxicos do centro e no orzamento anual 4.- Crear a rede de bibliotecas escolares coa fin de compartir recursos, coordenar actuacións e intercambiar experiencias. 5.- Concienciar á comunidade educativa: profesorado, equipo directivo, consello escolar, asociacións de pais e nais, etc. do importante papel que xoga a biblioteca escolar, como centro de recursos organizados, no logro da calidade educativa. 6.- Establecer relacións entre a biblioteca escolar e a biblioteca pública. Axustamento da normativa educativa ás necesidades das Bibliotecas Escolares Modificación de tódolos aspectos lexislativos e normativos que afecten ás bibliotecas escolares para axustalos á nova importancia outorgada por este Plano ás mesmas. A normativa existente ata o de hoxe é a seguinte:
"1.- As bibliotecas
escolares son parte integrante e fundamental das actividades
pedagóxicas dos centros docentes.
"2.1.9 Ó profesorado
que non cubra as vintecinco horas lectivas, o director, oído
o claustro, poderá asignarlle tarefas relacionadas con:
"Artigo 66º O
xefe ou xefa do departamento de actividades complementarias
e extraescolares terá, entre outras, as seguintes funcións:
"21. O programa anual
de actividades complementarias e extraescolares incluirá
as relacións secuenciadas e temporalizadas de:
Artigo 46º Funcións
do xefe do equipo de actividades extraescolares e complementarias. Polo tanto deberíanse modificar o seguinte: Desenvolvemento do apartado 2, do artigo 12º a Lei 14/1989 do 11 de outubro, de Bibliotecas (DOG do 24-X-89) A Biblioteca Escolar constituirá
un Departamento/Equipo polo que non formará parte do
de actividades complementarias e extraescolares polo que deberán
modificar o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se
aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación
infantil e dos colexios de educación primaria (DOG do
21-X-996) no seu artigo 75º letra g), o Decreto 7/1999,
do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros
públicos integrados de ensinanzas non universitarias
(DOG 26-I-1999) no seu artigo 46º e do Decreto 324/1996,
do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico
dos institutos de educación secundaria (DOG do 9-VIII-1996)
na súa letra h) do artigo 66º. Para garantir un bo servicio
cómpre ter asignadas un números de horas axeitado
polo que é necesario modificar a Orde do 22 de xullo
de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización
e funcionamento das escolas de educación infantil, dos
colexios de educación primaria e dos colexios de educación
infantil dependentes da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria, no seu punto 2.1.9 e a Orde
do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións
para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba
o Regulamento orgánico dos institutos de educación
secundaria e se establece a súa organización e
funcionamento (DOG do 2-IX-1997) no seu punto 84. En ámbolos
dous casos garantirase unha dedicación horaria dun mínimo
de 6 horas. Esta última orde tamén
deberá ser modificada no punto 69 non senso de garantir
un período de catro anos para o responsable da Biblioteca
Escolar (igual que calquera departamento) en en vez de falar
dun "profesor, prefentemente de entre os que manifesten
o seu interese" como encargado da biblioteca, deberá
dicir "un docente de entre os que teña a formación
axeitada". Outros aspectos deberán
ser os seguintes: A existencia dun Asesor Técnico Pedagóxico
nos Centros de Formación e Recursos para dedicar a tempo
completo ó Centro de Documentación e Biblioteca
do mesmo. A posibilidade de que os responsables das Biblioteca
escolares podan recibir axudas individuais para actividades
de formación (modificación da Orde do 29 de febreiro
de 20000). Igualmente incluir no catálogo de materias
optativas da Secundaria Obrigatoria unha materia sobre Educación
Documental (lémbrese que practicamente toda España
ten esta materia na oferta da secundaria). Sobre a dotación de novos centros educativos: mobiliario, equipamento informático, fondo documental Cando se constrúa un novo centro educativo enviarase pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a dotación necesaria para a posta en marcha da Biblioteca Escolar ó tempo que o centro recibe ós primeiros alumnos e alumnas. Considerase imprescindible a seguinte dotación: -Mobiliario axeitado para unha biblioteca: andeis abertas con estantes metálicos para facilitar o acceso directo dos usuarios e usuarias; distintos tipos de mesas para os distintos tipos de funcións que atende a B.E. (mesas individuais e mesas colectivas), mesa do responsable, mostrados para atender ós usuarios e usuarias. -Equipamento informático: para o traballo técnico da biblioteca cómpre un ordenador con impresora láser, para os usuarios e usuarias outro ordenador con impresora de chorro de tinta. Ámbolos dous ordenadores con acceso a Internet (a autonomía na xestión permitirá ós centros aumentar o equipamento informático da biblioteca) -Sobre a colección inicial das Bibliotecas Escolares consideramos dúas posibilidades, que por orde de preferencia serían: a) Envío dunha colección inicial pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seleccionar/determinar por unha comisión e que, segundo os criterios internacionais debería ser de 12 volumes por alumno/a. b) -Dotación expresa dunha partida orzamentaria con destino á constitución do fondo documental inicial da Biblioteca (lémbrese que O MEC, respectando a autonomía na xestión dos centros educativos consignaba unha elevada partida orzamentaria con esta fin) Diagnóstico
das Bibliotecas Escolares en Galicia Elaboración dunha enquisa ós centros educativos de Galicia para coñecer a situación real das bibliotecas escolares (poden servir de modelo de enquisa a da FESABID-ANABAD de 1996 elaborado para o MEC, as das consellerías de Educación Navarra ou de Andalucía). Aplicación do Plano
Considerando imprescindible a formación no concepto de Biblioteca Escolar, en cuestión de Biblioteconomía e Documentación, así como na integración da Biblioteca Escolar nas prácticas educativas dos centros, unha persoa dos centros que se adscriban ó Plano recibirá a formación necesaria tanto no concepto de Biblioteca Escolar, coas súas implicacións, como en aspectos meramente técnicos da xestión e tratamento da información. Contemplamos dúas posibilidades: a) Igual co MEC, un curso de 12 horas presencial, e 1 curso a distancia polo que deberíase asinar un convenio co MEC para a distribución e coa conseguinte contratación de titores traducción do seu curso en CD-Rom b) En Galicia nos cursos 1998-1999 e 1999-2000 uns 150 docentes fixeron os cursos de formación -50 horas- sobre bibliotecas escolares dos Centros de Formación de Recursos, polo que os responsables dos centros solicitantes deberían telos feitos ou ben realizalos no curso de aplicación do plano.
Será a máxima posible. Dúas opcións: 1.- Como o MEC: en Primaria 6 horas (na confección do seu horario usaranse en primeiro lugar as horas complementarias e logo as lectivas que sexan estrictamente imprescindibles ata acadar as 6 horas de dedicación á Biblioteca) Non obstante AGABEL considera imprescindible aumeentar esta cifra ata as 12 horas semanais. En Secundaria 15 horas semanais (na confección do seu horario usaranse en primeiro lugar as horas complementarias e logo as lectivas que sexan estrictamente imprescindibles ata acadar as 15 horas de dedicación á Biblioteca) 2.- Como o Goberno Vasco: tras a elaboración dun Proxecto de Biblioteca aprobado polo Consello Escolar e a determinación dun responsable do claustro para a súa aplicación a Consellería de Educación concédelle unha Comisión de Servicios para dedicarse exclusivamente a este servicio. O/A responsable da Biblioteca Escolar 1.- O responsable do Plano no centro será designado polo/a Director/a do centro. 2.- A designación deberá recaer sobre un docente, tendo preferencia os que teñan destino definitivo no centro e posúan a formación axeitada para a función a desempeñar. 3.- O docente responsable da Biblioteca Escolar participará nos cursos de formación que se estime oportunos para a posta en funcionamento do Plano. 4.- A súa duración no cargo será durante 4 anos.
1.- Constitución e mantemento dos fondos bibliotecarios. 2.- Xestión centralizada das adquisicións bibliográficas en colaboración cos Coordinadores de Ciclo/Xefes de Departamento en función das necesidades do centro e da biblioteca. 3.- Tratamento técnico dos fondos da biblioteca. 4. Organización dos fondos da biblioteca. Os fondos deberán estar sempre en estanterías abertas de acceso directo. 5.- Organización do servicio de préstamo 6.- Información e orientación bibliográfica. Organización de actividade de animación á lectura 8.- Deseño e execución do programa de formación no uso de fontes da información de acordo cos docentes do centro. 9.- Cooperación con outras bibliotecas. 10.- Recopilación, organización e difusión de información cultural. 11.- Poderá participar nas xuntanzas da Comisión de Coordenación Pedagóxica sempre que o tema das mesma teña relación coa Biblioteca Escolar ou cando o/a Director/a cconsidere oportuna a súa presencia. 12.- Dependerá organizamente do/a Xefe/a de Estudios.
1.- En cada centro constituirase un equipo de apio á Biblioteca Escolar. Este equipo, estará formado por docentes que nos seus horarios figurarán horas complementarias e/ou lectivas de atención á biblioteca. 2.- Este equipo reunirase, polo menos, unha vez ó mes para coordenar actividades, avaliar o rendimento e propór as medidas de mellora que se consideren oportunas. 3.- A súa constitución, composición e distribución de tarefas deberán ser aprobadas polo/a Xefe/a de Estudios, a proposta do Responsable da Biblioteca Escolar.
Cada centro participante recibirá o programa a de xestión de Bibliotecas Escolares Abies (asinar convenio co MEC, deberanse traducir os campos da base de datos) do equipamento informático axeitado para a súa aplicación así como para poder conectarse a Internet desde a Biblioteca (Ordenador con impresora láser).
Cada centro participante recibirá , no primeiro ano da súa participación neste Plano, a cantidade de 18.000 € con destino exclusivo para a Biblioteca. O destino concreto dos cartos será decidido polo responsable da Biblioteca de acordo cos criterios de gastos establecidos xunto co seu Equipo colaborador. A autonomía na xestión dos centro facilita a asignación dunha contía orzamentaria axeitada para que a Biblioteca poida acadar os obxectivos previstos.
O MEC asinou convenios de colaboración co Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez para a elaboración dun listado de documentos seleccionados de tódalas áreas da CDU para facilitar a selección polos responsables das Bibliotecas Escolares. Asinar convenios coas Deputacións Provinciais para que as súas correspondentes publicacións que teñan un claro contido educativo-formativo sexan enviados ós centros educativos da súa provincia. Asinar convenios con outras entidades que poidan colaborar na melloras das nosas bibliotecas escolares. Por exemplo coa Escola de Biblioteconomía da Universidade da Caruña (campus de Ferrol) para que ese alumnado poida realizar prácticas das bibliotecas escolares.
Habida conta da imposibilidade material de cumprir os apartados d) do art.8 e o g) do punto 2 do art.15 do decreto 245/1999 polo que se regula a formación permanente do profesorado cando se fala do servicio de documentación a facilitar polos Centros de Formación e polos seus asesores, cómpre que o cadro de persoal destes centros de formación conten cun bibliotecario-documentalista para que realmente poida desenvolver a función de documentalista en educación. Condicións para formar parte do Plano
-Obxectivos da Biblioteca Este proxecto de mellora será aprobado polo claustro e o consello escolar, e incluido nos proxectos pedagóxicos do centro e no orzamento anual. concepto
de biblioteca escolar | plano de mellora | secuenciación
| avaliación Asociación Galega polas
Bibliotecas Escolares e a Lectura
|