Novo Blogue


 Inicio
 Obxectivos
 Proxectos
 Manifestos
 Documentos da
   Asociación

 Manifesto AGABEL
 Diagnónstico
 Plano de B.E.
 Asociate
 Noticias
 Recursos
 Enlaces


 

 

 

ASOCIACION GALEGA POLAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E A LECTURA

 


Benvidos á Web de AGABEL

A Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura -AGABEL- xurdiu en marzo de 2000 pola iniciativa de responsables de bibliotecas escolares de tódolos niveis de ensino non universitario, de docentes e de bibliotecarias de bibliotecas públicas.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro e legalmente constituída e aberta a calquera persoa ou institución con interese por este campo de intervención socioeducativa.

Conscientes como eramos e somos da precaria situación das bibliotecas escolares e da lectura en Galicia decidimos xuntar esforzos para tentar modificar este panorama.

Se queres coñecernos entra aquí e poderás ler os nosos estatutos.Tamén incluímos unha análise das bibliotecas escolares en Galicia e as nosas liñas xerais de actuación: o plan de bibliotecas. Ofrecémosche ademáis a posibilidade de acceder ós documentos máis destacables sobre bibliotecas escolares, como o manifesto da UNESCO, o manifesto de AGABEL e os nosos propios boletíns. Unha completa bibliografía sobre bibliotecas escolares engádese tamén nesta Web.

Non falta tampouco unha mención das nosas actividades que pretenden dar un pulo á vitalidade das bibliotecas do noso país.

Finalmente presentámosche tamén vínculos a outros recursos web, adicados tanto específicamente ó campo das bibliotecas, como a temas máis xerais pero sen dúbida de interese para todos. E, como non, se estás interesado na nosa labor, ou queres facermos chegar calquera tipo de comentario podes contactar con nós desde esta Web.

voltar o inicio   

Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura
Durán Loriga, 10-1º
15003 A Coruña
Tel.: 981 18 43 84
Fax: 981 18 43 85

NOVIDADES

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez e o Instituto Idea presentaron no Consello Escolar do Estado, en Madrid, o estudo sobre bibliotecas escolares 2005 co título: Las Bibliotecas Escolares en España. Análisis y Recomendaciones, no que se analizan os resultados das enquisas a máis de 16.000 alumnos y 3.800 profesores de 400 colexios. Máis información na páxina da Fundación.

¿Tés dúbidas sobre a organización da túa biblioteca?

  Información da Asesoría de Bibliotecas escolares da Xunta